Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.




"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden

jueves, 2 de abril de 2020

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


O día 2 de abril celebrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Esta data conmemora o nacemento de  Hans Christian Andersen, un dos escritores máis importantes da literatura infantil e creador de obras coñecidas por todos como “O soldadiño de chumbo” ou “O traxe novo do emperador”. Esta data vense celebrando desde 1967.
Lembrade que contades cunha biblioteca dixital ao voso alcance no portal BEGA-ELBE 2
Para conmemorar esta data, o Ministerio de Cultura e Deporte incluíu no portal de préstamo bibliotecario dixital eBiblio de libros dous literatura infantil e xuvenil: “Un falcón que di verdades” e a edición ilustrada “Robisón Crusoe: a súa vida e aventuras”. Tamén difundirá o espazo para o público infantil e xuvenil “De cero a 18” habilitado nas webs de bibliotecas públicas, permite acceder a libros, contos e xogos en diferentes linguas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Vistas de página en total