Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.




"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden

sábado, 6 de junio de 2020

5 de xuño "Día Mundial do Medio Ambiente"

O alumnado de 4ºB non se esqueceu dunha data tan importante como é, o 5 de xuño. Aquí vos deixamos os seus traballos para concienciar e mellorar!

Día Mundial do Medio Ambiente from ecf on Vimeo.

TAREFAS 4ºB SEMANA 8-12 XUÑO


Recordade! Podedes realizar as actividades de dous xeitos, ben traballando coas fichas impresas ou ben empregando un caderno. Se decidides escoller a segunda opción debedes poñer a materia, a data e, de ser o caso, o número de páxina e exercicio.

Tamén atoparedes enlaces web para traballar algúns contidos na rede.

A continuación déixovos as tarefas da semana:

Luns


Lengua Castellana: Comprensión lectora “Las ciudades romanas”



Martes

Lingua Galega: Comprensión e expresión. “A receita da formiga”





Mércores

Matemáticas: Repaso.






Xoves

Ciencias Naturais: Escolle aqueles xogos que máis chamen a túa atención. Recorda que... XOGANDO TAMÉN SE APRENDE!
  

Venres

Ciencias Sociais: Escolle aqueles xogos que máis chamen a túa atención. Recorda que... XOGANDO TAMÉN SE APRENDE!

NOTA IMPORTANTE! Todas as fichas serán enviadas aos correos electrónicos en PDF.

Vistas de página en total