Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.




"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden

martes, 7 de abril de 2020

Correos para combater o illamento


Boa tarde familias!
Aproveitando que estamos de vacacións e dispomos de máis tempo libre, déixovos esta proposta por se algún ou algunha de vós estivese interesado.
Os residentes da área sanitaria de Vigo crearon unha rede de cartas escritas para animar aos ingresados por Covid-19.
Calquera que o desexe pode participar nesta rede de correspondencia que cambia as tradicionais cartas de papel por un correo electrónico co que chegar aos enfermos. Unha carta de apoio na que sería interesante escribir unha pequena introdución presentándose, para que cada paciente saiba quen se dirixe a eles, e mandalo á dirección apoyocovidvigo@gmail.com.
As mensaxes só serán de ida, por motivos de protección de datos. Un acto de solidariedade para facerlle máis fácil e entretido o illamento.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Vistas de página en total