Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.




"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden

domingo, 11 de abril de 2021

SEMANA DA PRENSA

 Semana da prensa

Do 8 ao 12 de marzo organizáronse diferentes actividades relacionadas coa prensa e como produto final elaboramos a primeira revista da "Semana da prensa" na que podedes atopar artigos relacionados co día internacional da muller e información e consellos sobre alimentación saudable e coidado do medio ambiente.
Non deixedes de escoitar o audio coas entrevistas que lles fixestes as avoas e avós!!!

Agardamos que a desfrutedes!!!




CHARLA SOBRE AS DEPURADORAS

Sofía, alumna de 3º A, convidou ao seu tío, que traballa nas depuradoras da contorna a darnos unha charla sobre o funcionamento das mesmas. Foi moi interesante!!!

miércoles, 7 de abril de 2021

CELEBRACIÓN DO 8M: "MULLER TIÑAS QUE SER"

Este ano, conmemoramos o 8M homenaxeando as mulleres da nosa vila e da súa contorna. Convidámolas ás nosas aulas de xeito virtual, escoitámolas, e a partires diso elaboramos este monográfico. Son mulleres salientables, polas súas profesións, polas súas persoalidades... non están tódalas que o son, pero podemos dicir que SI son tódalas que están. 
Moitas grazas!!

Vistas de página en total