Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.




"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden

ALTERNATIVA

Aquí vos deixamos o vídeo que elaboramos sobre Autismo. 
 

Hoxe, na clase de Alternativa, estabamos buscando pictogramas, e atopámonos con esta páxina, na que hai un interesante recurso para traballar con nenas e nenos con autismo.
 Pictogram room

2 ABRIL
 Día Mundial de sensibilización sobre o AUTISMO

Entra nesta páxina e verás novos xogos destinados a nenas e nenos que padecen autismo.

Fai clic aquí.

MI HERMANA LOLA
Unha fermosa presentación, con ilustracións  de Miguel Gallardo e texto de Àngels Ponce, na que se nos ofrece a visión do autismo dende o punto de vista dun neno de 10 anos cunha irmá pequena que padece este transtorno.





Este ano en Alternativa propuxémonos entender o que é o autismo, xa que se escolarizou unha compañeira que padece este transtorno. Comezamos buscando información, e atopamos na rede algúns documentais que ademais de ser moi didácticos teñen unha calidade gráfica marabillosa. Miguel Gallardo, autor de dous deles, é o pai de María, a protagonista desta primeira curtametraxe de dibuxos: El viaje de María. 
  



PICTOTRADUCTOR

No pictotraductor podense encontrar pictogramas, e dicir, unahas imaxes para que os nenos e nenas co T.E.A. conprendan mellor o que sucede.


"Academia de Especialistas" de Miguel Gallardo 


  



DOCUMENTAL: María y yo.
No programa de Versión Española na 2.








 Aquí podedes ver outro fermoso corto sobre o transtorno do espectro autista, narrado pola irmá dun neno que padece autismo.


MI HERMANITO DE LA LUNA




 "ELMUNDO SEGÚN JAVIER"  é un documental  no que Javier, un rapaz de 17 anos que padece o transtorno do espectro autista, nos amosa durante un paseo por Madrid cómo se ve o mundo dende os seus ollos. 










No hay comentarios:

Publicar un comentario

Vistas de página en total