Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.




"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden

sábado, 24 de octubre de 2020

XA CHEGA O SAMAÍN!!

 Para coñecer a orixe do Samaín, e algunhas outras curiosidades sobre esta celebración tan antiga, anímovos a ler este libro.

" O noso Samaín" de Loretta Birott 
Ilustracións de Nuria Valdeón Balsás.

24 de outubro: DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Para celebrar o Día das Bibliotecas, as nenas e nenos do colexio realizaron diferentes actividades ás que podedes acceder utilizando o lector de código QR dos vosos móbiles ou tablets. Agardamos que vos guste!!


Obradoiro "Acoso escolar"

Dentro dun proxecto sobre Igualdade, organizado pola ANPA,asistimos a unha charla sobre "Acoso escolar". Coa reflexión final chegamos á conclusión de que debemos tratarnos ben, e que todas e todos temos dereito a ser diferentes



.

Obradoiro COVID-19

Con este inicio de curso cheo de dúbidas e novas rutinas, pedímoslle axuda a Vanessa, a mamá de Nerea de 3°B para que nos dera unha pequena charla sobre o que é o COVID-19, e como debiamos de levar a cabo o protocolo. Coma sempre, foi un éxito, e o que máis lles gustou a maioría foi cando Vanessa se vestiu co equipo completo que utiliza no seu traballo (EPI). Grazas, Vanessa.

miércoles, 14 de octubre de 2020

Vistas de página en total