Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.




"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden

lunes, 30 de noviembre de 2020

25 de novembro: Día contra a violencia de xénero

As nenas e nenos de 3º voamos xunt@s pola liberdade e en contra da violencia de xénero. As ás prestóunolas o alumnado do 3º ciclo, e como podedes ver nas fotos son ben fermosas. Agardamos que vos gusten.

viernes, 27 de noviembre de 2020

domingo, 1 de noviembre de 2020

CIENCIAS NATURAIS: AS FUNCIÓNS VITAIS

CABAZAS DE SAMAÍN

Curicuxa, a mascota da nosa Biblioteca tivo unha xenial idea para este Samaín. Pediulles ás nenas e nenos que decoraran unha cabaza en familia, e enviaran unha foto. Así foi como quedou o vídeo con todas as fotos recibidas. De parte de Curicuxa, moitísimas curigrazas!!!! E... Feliz Samaín!!🎃🎃💀👻👻

Non esquezades visitar o blogue de Curicuxa ;-) 





 

Vistas de página en total