Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.




"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden

lunes, 28 de mayo de 2012

THE VERY HUNGRY CATERPILLAR

A semana pasada participamos no programa "A SEMANA DA FROITA", polo que as merendas das nenas e nenos da escola foron moi saudables, compostas principalmente por este alimento tan nutritivo e cheo de vitaminas.

Por este motivo unha amiga nosa, Heather, ofreceuse a vir ao colexio a contarlles as nenas e nenos de 1º e 3º un fantástico conto inglés; "The very hungry caterpillar". A protagonista deste conto, unha eiruga moi larpeira, énchese a comer froita ata se convertir nunha fermosa bolboreta. 

Animámosvos a que o leades, ás nenas e nenos que escoitaron a Heather gustoulles moito, e tamén lles axudou a repasar os días da semana e o nome dalgunhas froitas en inglés. 
THANK YOU SO MUCH, HEATHER!!!


BISCOITO DE IOGUR

Ingredientes:
5 ovos
1 iogur natural
2 medidas de azucre
4 medidas de fariña
1 medida de aceite
1 sobre de levadura

Preparación:

 Poñemos o forno a quentar a 180º-200º,

Botamos pouco a pouco os ingredientes nunha cunca. Batemos ata que non queden grumos.
Cando teñamos a mezcla lista botámola nun molde engrasado con manteiga ou un pouco de aceite.
Metémola no forno. Cando vexamos que vai subindo pinchamos cunha agulla, se sae limpa o biscoito estará preparado para probar.


Quentamos o forno a 180º-200º
Imos botando os ovos nunha cunca
Dúas medidas de azucre 
Un iogur natural



Unha de aceite

Catro de fariña e un sobre de levadura
Batemos con forza
Agora, metémola no forno



QUE RICO ESTABA!!!!




jueves, 24 de mayo de 2012

SEMANA DA FROITA



Estamos coa "SEMANA DA FROITA". Sabemos que é unha gran fonte de vitaminas, e que nos axuda a previr enfermidades. 
Hoxe, na clase, coa axuda dun pequeno forno fixemos mazás asadas.
Estaban boísimas. Non todas as nenas e nenos as probaron, pero algúns que sí o fixeron, REPETIRON.


miércoles, 16 de mayo de 2012

Actividades sobre VALENTÍN PAZ ANDRADE

Este ano o autor Valentín Paz Andrade é homenaxeado no día das Letras Galegas. Se facedes clic na imaxe podedes facer actividades para coñecer a súa vida e obra. Queremos agradecer a publicación deste Lim ao:

CEIP de Práct. da E.U. de Form. do Prof. de E.X.B..

TEST SOBRE OS SENTIDOS

Se entrades aquí poderedes facer unha proba sobre o que sabedes dos sentidos.

jueves, 10 de mayo de 2012

A VISIT FROM ETHIOPIA

A semana pasada contamos cunha visita sorpresa, algúen que estaba a pasar uns días de vacacións por estas terras. Esa visita foi Gelila, amiga dos pais de Tarikwa, quen se achegou á clase de 3ºA para falarnos, e contarnos historias que nos trouxo dende un fermoso país de África: Etiopía. Gelila é química e adícase ao estudo e investigación con plantas mediciñais. Estivemos facéndolle moitas preguntas sobre o seu país, e pediunos que lle fixeramos o xogo de mans etíope do festival de Nadal. Falamos de animais, plantas, xogos, comidas, etc. e claro, todo en inglés, porque Gelila soamente falaba nese idioma, bueno, e tamén en amariña, que é a lingua oficial de Etiopía. Aquí podedes entrar na páxina do Centro de Investigación no que traballa Gelila. E se queredes coñecer Etiopía, entrade aquí.

miércoles, 2 de mayo de 2012

Vistas de página en total