Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.




"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden

miércoles, 27 de febrero de 2013

Homenaxe a Rosalía de Castro en 4ºA

As nenas e nenos de 4º fixemos unha homenaxe a Rosalía de Castro no 150 aniversario da súa obra "Cantares Galegos". Esperamos que vos guste o vídeo.
Participamos: 
Hugo,Candela, Aroa, David, Julián, Jenni, Aroa, Tarikwa, Carlos, Natalia, Stephanía, Adrián, Yeray, e seguro que Jacobo, dende a casa, nos animou a todos cando gravamos as nosas voces.
A montaxe fíxoa a profe Chus e escolleu unha peza musical dunha agrupación de Ponte Caldelas, "Os Coribantes de Buchabade"

lunes, 25 de febrero de 2013

AS PAISAXES DE GALICIA

Imos coñecer as distintas paisaxes coas que nos podemos atopar en Galicia e no resto de España.
A ver que che parecen estas actividades!!!



 




150 aniversario de "CANTARES GALEGOS" de Rosalía de Castro



Se premes na imaxe atoparas unha actividade na que poderas coñecer a vida e obra de Rosalía de Castro. Grazas ao CEIP Alexandre Bóveda por compartilo na rede.


lunes, 18 de febrero de 2013

jueves, 14 de febrero de 2013

A CELEBRACIÓN DO ENTROIDO NO 2º CICLO

Para rematar a semana de Entroido, as nenas e nenos do 2º Ciclo fixemos unha festa de disfraces no patio. Xogamos, bailamos, e o que máis, comemos os postres riquísimos que trouxemos das nosas casas. Había filloas, orellas, bica, biscoitos, rosquillas, .... en fin, de todo.

Vistas de página en total