Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.




"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden

jueves, 28 de noviembre de 2019

A ALIMENTACIÓN

Os alumnos/as de 3º estamos traballando  o tema da alimentación, a roda dos alimentos, a dieta saudable, a pirámide... temas que forman parte do PDI deste ano e sobre o que traballaremos ao longo de todo o curso.

Ademais de aprender moitas cousas novas, pasamos un bo anaco gravando este vídeo, aquí volo deixamos para que lle botedes un ollo, non nos teñades moito en conta os erros que poidades atopar, estamos empezando!!!
E non esquezades que... XOGANDO TAMÉN SE APRENDE!!!


A ALIMENTACIÓN from Audición y lenguaje on Vimeo.

lunes, 11 de noviembre de 2019

CATA DE FROITAS

O pasado venres, Irene e a súa nai Ana, axudáronnos a enriquecer o noso PDI “Coidamos o noso corpo” cunha actividade na que coñecemos diferentes tipos de froitas e verduras. 
Primeiro, presentáronnos as froitas, cal era o seu país de orixe, como era o seu sabor e as propiedades e beneficios que tiña para a nosa saúde introducir determinados alimentos na nosa dieta. 
Despois, fixemos unha cata de froita moi especial... a cegas! Encantounos! Aquí vos deixamos a mostra. 
Moitas grazas familias!

  Cata de froitas from ecf on Vimeo.

Vistas de página en total