Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.




"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden

martes, 29 de octubre de 2019

Receitas saudables


A semana pasada, Sofie, coa axuda da súa familia, fixo unhas galletas saudables.
Na clase, explicounos a receita e falamos da importancia de coidar a nosa alimentación mantendo unha dieta equilibrada e suficiente contribuíndo así ao traballo do PDI “Coidamos o noso corpo”



lunes, 28 de octubre de 2019

O esqueleto Pedro

Co esqueleto Pedro memorizamos xogando os ósos do corpo.
Esta actividade tamén nos axuda a mellorar a nosa atención e concentración.

O esqueleto Pedro from Eva Conchouso on Vimeo.

O aparello excretor

Os nenos e nenas de 4º atopámonos traballando na área de Ciencias Naturais “O corpo humano”. 
Carla, coa axuda da súa familia, deseñou unha maqueta sobre o funcionamento do aparello excretor. Aquí vos deixamos unha mostra da súa explicación. 
Moitas grazas familias pola vosa colaboración!

O aparello excretor from Eva Conchouso on Vimeo.

domingo, 27 de octubre de 2019

SEMANA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Para celebrar a semana das BIBLIOTECAS ESCOLARES o alumnado de 4º A presentou a obra Na busca do Bico de David Melling. Agardo que vos guste.



Na busca do bico from jmcarguez on Vimeo.

Dende 1997 celébrase o Día da Biblioteca o 24 de outubro, una conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. 
Pola súa parteo Ministerio de Cultura e Deporte propón este ano 2019 a incorporación do lema "aptas para todos os públicos", co obxectivo de salientar o papel das bibliotecas na promoción da igualdade de xénero.
As bibliotecas escolares galegas teñen o seu propio lema para este curso 2018/2019, BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar as outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas (e todas boas), que son as bibliotecas públicas, eses lugares para a igualdade e a diversidade que son as BIBLIOTECAS. 

viernes, 25 de octubre de 2019

Cocorico

Con motivo da Semana das Bibliotecas Escolares os nenos e nenas de 4ºB quixemos sorprender aos máis pequenos do cole e preparamos para eles un teatro de sombras moi especial. 
Cocorico foi o libro elixido e aquí podedes ver o resultado. 
Esperamos que vos guste!

  Cocorico from Eva Conchouso on Vimeo.
Os nenos e nenas de 3º seguimos aprendendo. Agora toca o Sistema Solar:
Os menos e nenas de 3º de primaria estamos aprendendo un montón de cousas. De tanto que aprendemos fumos quen de facer volcáns na clase!

jueves, 24 de octubre de 2019

CELEBRACIÓNS NA SEMANA DAS BIBLIOTECAS

Este ano para celebrar o Día das Bibliotecas realizamos no cole varias actividades ao longo de toda a semana. O martes 22 foi a quenda de terceiro que se estrea nas actividades do segundo ciclo así de ben!!!! Contando aos peques de 3 anos un divertido conto con marionetas a través dun teatro de sombras.
Velaí vos vai o resultado!!!


3º na semana das biblios from Audición y lenguaje on Vimeo.

lunes, 14 de octubre de 2019

PELOS TORTOS

O alumnado do segundo ciclo (3º e 4º de Ed. Primaria), o curso pasado gravou a historia de Pelos Tortos. Aquí poderedes escoitala.
Perdón pola tardanza.




OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS

Hai uns días recibimos unha visita moi especial. A nai dunha alumna, que é enfermeira, axudounos a preparar a FASE DE MOTIVIACIÓN do noso PDI “Coidamos o noso corpo” e converteu o cole durante unhas horas nun hospital. Aprendemos como se limpa unha ferida, que debemos facer se nos queimamos, como reaccionar ante unha persoa que se atopa inconsciente, a quen debemos chamar en caso de emerxencia... e moitas cousas máis! Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades que experiencia tan enriquecedora.
  Obradoiro primeiros auxilios from Eva Conchouso on Vimeo.

Vistas de página en total