Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.




"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden

lunes, 31 de mayo de 2021

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: Visitounos Mónica de Nut

Dentro das actividades organizadas para homenaxear a nosa lingua, e a Xela Arias, autora á quen se lle adicou o Día das Letras Galegas 20212, tivemos a visita de Mónica de Nut. Mónica, ademais de ser unha gran cantante, é a nai dunha das nosas alumnas de Educación Infantil, Lauriña. E como nos encanta que as familias participen nas actividades da nosa escola, convidámola a vir á escola e ela ofreceunos a súa voz e a súa simpatía. Pasámolo xenial!!! Grazas, Mónica.

martes, 25 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

No "Día das letras galegas" este ano a homenaxeada foi a poeta, profesora e traductora Xela Arias. Dende o CEIP Manuel Cordo Boullosa rendémoslle a nosa homenaxe investigando e aprendendo sobre a súa biografía. O alumnado de 6º recolleu os diferentes traballos do alumnado levando a cabo unha labor periodística. Podedes ver o resultado na páxina da nosa biblioteca:

DÍGOCHO EU NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2021

Na Semana das Letras Galegas, ademais de homenaxear a Xela Arias, tamén estivemos traballando moito coa nosa lingua, e aprendendo novo vocabulario. E como no cole nos encanta o programa DÍGOCHO EU, en cada clase fixemos un pequeno vídeo sobre distintos temas. 


 3ºA primaria

 
 
 

3º B primaria



4º primaria

NA PROCURA DA ALIMENTACIÓN PERDIDA

E seguindo co PDI, no 2º Ciclo creamos un conto no que os protagonistas tiñan curiosidade por coñecer a historia da alimentación, e adicáronse a investigar e preguntar. Queredes saber mási? Pois adiante! Escoitade o noso conto... e non vos perdades as ilustracións tan bonitas que fixemos. Agardamos que vos guste.

OBRADOIRO DE MUGCAKES

 Seguindo co tema da alimentación, elaboramos un "mugcake", con ingredientes aptos para persoas con intolerancia ao glute. O obradoiro estivo a cargo da profe Tania, coa que o pasamos estupendamente, e ademais aprendemos un montón e animounos a cociñar nas nosas casas. O resultado foi espectacular.  Estaba boísimo!! 

lunes, 10 de mayo de 2021

OS NOSOS LAPBOOKS

O alumnado de 4º fixemos un gran traballo elaborando uns estupendos lapbooks para recompilar toda a información que buscamos sobre a Idade Antiga en España, veredes canto traballamos!!!!


 

Vistas de página en total