Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.




"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden

lunes, 16 de marzo de 2020

EU QUEDO NA CASA!


Ola familias!
Dende o cole non queremos perder a oportunidade de aportar o noso granciño de area para facer máis levadeiros estes días. Por iso gustaríanos que sacásedes unha foto co alumnado realizando algunha actividade que poidades facer nas vosas casas (xogando a algún xogo, facendo exercicio, cociñando...) e nola enviásedes ao enderezo tercerciclocordoboullosa@gmail.com
Con todas esas fotos elaboraremos un vídeo que aportará ideas a outras nenas e nenos para realizar coas súas familias!
Podedes enviar fotos ata o VENRES DÍA 20!
Moitas grazas de antemán!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Vistas de página en total