Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.




"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden

lunes, 2 de diciembre de 2013

COMEZAMOS A TRABALLAR OS VERTEBRADOS DO NOSO RÍO

QUE SABEMOS DOS VERTEBRADOS?
Antes de traballar os animais vertebrados dos nosos ríos fixemos un "brainstorming" e isto foi o que saiu:
Teñen osos (Mauro)
Outros nadan
Teñen columna vertebral (Gara)
Teñen patas (Jorge)
Teñen osos para mover as extremidades (Sofía)
Teñen costelas (Rafa)
Algúns teñen escamas 
Algúns voan (Fernanda)
Outros teñen pelo (Alba)
Teñen carne (Daniel Truiteiro)
Algúns nacen de ovos (David) ovíparos
Algúns nacen do ventre (Braian) vivíparos
Clasifícanse en : réptiles, mamíferos, ovíparos e vivíparos (Ana Pontanilla)

QUE QUEREMOS SABER DOS VERTEBRADOS?
Que osos teñen? Cantos osos teñen?
Teñen branquias?
Como son?
Donde viven, en que sitio do río?
Que aspecto teñen?
Que clase de vertebrados son?
Viviron hai moitos anos?
Como se relacionan?
Como se reproducen?
Como se alimentan?

COMO BUSCAMOS A INFORMACIÓN?
En internet (google, wikipedia, galipedia,)
Preguntarlle a xente que ten coñecementos sobre animais.
Visitar o río.
Buscar en Curicuxa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Vistas de página en total