Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.




"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden

martes, 12 de junio de 2012

4º CURSO: OBRADOIRO DE FROITAS E VERDURAS

     As nenas e nenos de 4º participamos nun obradoiro no que aprendemos moitas cousas sobre froitas e hortalizas. Aquí tedes unha pequena mostra :

     Que propiedades teñen...?

  • Os froitos secos son bos para o corazón e a mente.
  • As legumes favorecen a limpeza dos riles.
  • A cenoria é boa para a vista e para protexer a pel do sol.
  • Os tomates son bos pra o corazón, ao igual que as uvas brancas ou negras.
  • O apio é bo para os ósos.

    A que órganos do noso corpo se parecen ...?

  • A noz ao cerebro.
  • As fabas aos riles.
  • Os tomates a un corazon de namorados.
  • Un acio de uvas ao corazón de verdade.
  • O apio aos ósos.

      Por último, no comedor fixemos brochetas de froitas: amorodos, melón, piña e sandía. 

 E COMEMOS TODO O QUE QUIXEMOS!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Vistas de página en total