Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.




"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden

domingo, 15 de diciembre de 2013

USAMOS O BITSTRIPS FOR SCHOOLS.

Este trimestre estivemos aprendendo a facer "comics", e estamos a rematar o primeiro. Cada alumn@ elabora o seu, no que se presenta e nos conta algo sobre él ou ela. Para que vexades como é, aquí tedes unha pequena mostra, feita pola mestra.

lunes, 2 de diciembre de 2013

COMEZAMOS A TRABALLAR OS VERTEBRADOS DO NOSO RÍO

QUE SABEMOS DOS VERTEBRADOS?
Antes de traballar os animais vertebrados dos nosos ríos fixemos un "brainstorming" e isto foi o que saiu:
Teñen osos (Mauro)
Outros nadan
Teñen columna vertebral (Gara)
Teñen patas (Jorge)
Teñen osos para mover as extremidades (Sofía)
Teñen costelas (Rafa)
Algúns teñen escamas 
Algúns voan (Fernanda)
Outros teñen pelo (Alba)
Teñen carne (Daniel Truiteiro)
Algúns nacen de ovos (David) ovíparos
Algúns nacen do ventre (Braian) vivíparos
Clasifícanse en : réptiles, mamíferos, ovíparos e vivíparos (Ana Pontanilla)

QUE QUEREMOS SABER DOS VERTEBRADOS?
Que osos teñen? Cantos osos teñen?
Teñen branquias?
Como son?
Donde viven, en que sitio do río?
Que aspecto teñen?
Que clase de vertebrados son?
Viviron hai moitos anos?
Como se relacionan?
Como se reproducen?
Como se alimentan?

COMO BUSCAMOS A INFORMACIÓN?
En internet (google, wikipedia, galipedia,)
Preguntarlle a xente que ten coñecementos sobre animais.
Visitar o río.
Buscar en Curicuxa.

OS NENOS DE 3º APRENDIMOS SOBRE OS ANIMAIS

martes, 19 de noviembre de 2013

ANIMAIS VERTEBRADOS

 Aquí tes algunhas actividades para aprender, repasar e divertirte cos animais vertebrados.



http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1363871503/contido/Unidade2/indice_animais.html








http://contenidos.proyectoagrega.es/visualizador-1/Visualizar/Visualizar.do?idioma=es&identificador=es_2009063012_7240061&secuencia=false 


Aquí podedes ver un documental sobre a fauna galega.


miércoles, 6 de noviembre de 2013

miércoles, 30 de octubre de 2013

O APARATO CIRCULATORIO

Seguimos estudando os aparatos do corpo, e desta tócanos o CIRCULATORIO. Veredes que é un poco máis complexo, pero seguro que o atoparedes moi moi interesante. 

martes, 15 de octubre de 2013

COMEZO CURSO 2013-2014



Estas imaxes están collidas da páxina web do noso cole. Corresponden ao primeiro día de clase deste curso.

miércoles, 2 de octubre de 2013

MOI INTERESANTE PARA TRABALLAR CON COMICS

Tiven a oportunidade de ver a nenas e nenos de TERCEIRO e CUARTO traballando con este programa, no colexio de Ottawa. Cando volte imos aprender todos a usalo, e aproveitaremos para traballar a Lingua, as Matematicas, etc...

http://www.bitstripsforschools.com

GREETINGS FROM CANADA

 The playground of the school
 There are squirrels everywhere
 OTTAWA

lunes, 9 de septiembre de 2013

COMEZAMOS O CURSO!!!!

Benvidas e benvidos a un novo curso.
Despois dun longo verán, cheo de diversión e de xogos, chega o momento de reencontrarnos, nenas e nenos, mestras e mestres.
Esperamos que veñades coas baterías cargadas, con moitas ganas e moita ilusión por comezar unha nova aventura na aula.
Aquí vos deixamos o material que precisaredes para o 4º curso.

CEIP MANUEL CORDO BOULLOSA – PONTE CALDELAS
Material 4º Curso do 2º Ciclo de Educación Primaria
CURSO 2013-2014

  • 1 barras de pegamento.
  • 1 regra (30 cm).
  • 1 caixa de ceras tipo PLASTIDECOR
  • 1 caixa de rotuladores finos.
  • 2 gomas
  • 2 lapis nº 2HB
  • 1 afialapis
  • 3 libretas de dobre pauta , tamaño folio (pauta estreita).
  • 1 libretas de cadricula, tamaño folio.
  • 1 tesoira de punta roma.
  • 1 boli de punta fina de cor azul. (Non PILOT)
  • 1 boli de punta fina de cor vermello (Non PILOT)
  • 1 libreta pequena con pauta ou unha axenda escolar
  • 1 arquivador de 4 argolas tamaño folio.
  • 1 dicionario de lingua castelá
  • 1 dicionario de lingua galega

  • MUSICA:
  • Frauta de pasta marca HONNER
  • RELIXION
  • 1 llibreta raiada, tamaño folio.

INGLÉS
1 libreta raiada, tamaño folio
1 carpeta tamaño folio (de gomas)

O MATERIAL DEBERÁ VIR MARCADO DA CASA CO NOME DE CADA ALUMNO/A.


A TITORA.

martes, 25 de junio de 2013

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Xa rematou o curso.Algúns e algunhas xa tiñades moitas ganas, a que sí? Agora, a pasalo ben!!!
Piscina, praia, campo, xogos, campamentos, risas con amigas e amigos.

Estes son os ingredientes fundamentais das vacacións. Pero... ...podemos facer un repasiño do curso dun xeito lúdico (é dicir, pasándoo ben).

Axudade a facer a compra: preparade a lista,  no super fixádevos nos prezos, cal é máis caro, ou barato? Canto custará toda a compra que levades no cesto?
Axudades a pagar, e repasades o recibo para saber que todo está ben.
Adicade un tempiño á lectura. Por que non ides coller algún libro á Biblioteca de Ponte Caldelas, ou á de Pontevedra? 


E tamén vos animo a que comecedes a escribir un diario, nel podedes ir contando as vosas aventuras de vacacións, e acompañalo con algún dibuxo, foto, recorte, etc.

 

Se ides de viaxe no coche podedes xogar:  palabras encadeadas, adiviña en que penso (persoa, animal ou cousa), "calculadora humana", canto falta para chegar? (xogamos co tempo). E tamén, por que non? repasades a táboa de multiplicar!!!!

 Podedes visitar este blogue e entrar nas páxinas de actividades para repasar Lengua, Lingua, Matemáticas...

Feliz verán!!! Ata a volta!!!

jueves, 13 de junio de 2013

"The Life Tree" by ... 4th A and 4th B students






In the Bilingual Sections, during the 3rd term, our students have been painting the famous masterpiece "The life tree" by Klimt. They have not finisthed yet, and here you can see their works.

miércoles, 5 de junio de 2013

FOTOS DA EXCURSIÓN AO CASTRO DE SANTA TREGA

Aquí vos deixo as testemuñas do ben que o pasastes na viaxe a Santa Trega. Seguro que ha de ser un recordo que gardaredes durante toda a vosa vida.



lunes, 13 de mayo de 2013

martes, 7 de mayo de 2013

A PREHISTORIA (1º PARTE)

Comezamos este novo tema, e facémolo vendo este vídeo onde podemos imaxinar aos nosos antepasados. 

martes, 30 de abril de 2013

CANTO SABES DE MEDIDAS DE LONXITUDE?

Nesta páxina podes comprobar o que sabes de medidas de lonxitude.
Se os resultados non son bos, xa sabes, segue practicando.

jueves, 18 de abril de 2013

MAPAS INTERACTIVOS

Nesta páxina atoparedes unha gran variedade de mapas interactivos, de Galicia e máis España. Podedes repasar os ríos, as comunidades autónomas de España, o relevo, as provincias de Galicia, etc.



 




Vistas de página en total