Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.




"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden

jueves, 13 de noviembre de 2014

HAPPY HALLOWEEN!!!

In a dark, dark wood
There was a dark, dark house
And in that dark, dark house
There was a dark, dark room
And in that dark, dark room
There was a dark, dark cupboard
And in that dark, dark cupboard
There was a dark, dark shelf
And in that dark, dark shelf
There was a dark, dark box
And in that dark, dark box
There was a ...


miércoles, 15 de octubre de 2014

ARTS AND CRAFTS in class 4 B: LEAVES ARE FALLING

Leaves are falling
Leaves are falling
to the ground
without a sound.
Days are getting shorter
Nights are growing longer
Fall is here
Fall is here
















viernes, 27 de junio de 2014

REMATOU O CURSO: FELICES VACACIÓNS!!!

Xa rematou o curso.Algúns e algunhas xa tiñades moitas ganas, a que sí? Agora, a pasalo ben!!!
Piscina, praia, campo, xogos, campamentos, risas con amigas e amigos.

Estes son os ingredientes fundamentais das vacacións. Pero... ...podemos facer un repasiño do curso dun xeito lúdico (é dicir, pasándoo ben).

Axudade a facer a compra: preparade a lista,  no super fixádevos nos prezos, cal é máis caro, ou barato? Canto custará toda a compra que levades no cesto?
Axudades a pagar, e repasades o recibo para saber que todo está ben.
Adicade un tempiño á lectura. Por que non ides coller algún libro á Biblioteca de Ponte Caldelas, ou á de Pontevedra? 


E tamén vos animo a que comecedes a escribir un diario, nel podedes ir contando as vosas aventuras de vacacións, e acompañalo con algún dibuxo, foto, recorte, etc.

 

Se ides de viaxe no coche podedes xogar:  palabras encadeadas, adiviña en que penso (persoa, animal ou cousa), "calculadora humana", canto falta para chegar? (xogamos co tempo). E tamén, por que non? repasades a táboa de multiplicar!!!!

 Podedes visitar este blogue e entrar nas páxinas de actividades para repasar Lengua, Lingua, Matemáticas...

Feliz verán!!! 
Botareivos de menos para o vindeiro curso!! 

jueves, 15 de mayo de 2014

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Aquí vos deixo este vídeo do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz. Gran traballo, homenaxe ao poeta que pon nome ao seu instituto, e ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.
A melodía é dunha coñecida canción, e a letra levaravos pola vida e obra do poeta.




"Esa lus"

Esa mirada era especial,
xa que nacera no rural
e da terra ó ceo todo tiña o seu misterio
o neno Pepe escribirá 

(est 1)
Esa lus, esa lus
se o poema é só un nimbo de lus
son fragmentos de min mesmo 
o herdo, o mundo que me deron
se o poema é só un nimbo de lus

(est 2) 
Esa lus, esa lus
se o poema é só un nimbo de lus
coma ventos fuxidos
por camiños esquencidos
se o poema é só un nimbo de lus

Más de once linguas que falou
pero unha soa que cantou,
á herba pequerrechiña e dende Parga á Pastoriza
Xose María escribirá

(est 1) 
(est 2)

Un paso adiante, un paso atrás
Galiza sempre nel está
ardendo nunha bágoa ou ferido pola beleza
Díaz Castro escribirá

(est 1) 
(est 2)

martes, 1 de abril de 2014

ARTS AND CRAFTS




Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo
2 de abril



Para celebrar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, deixámosvos un vídeo elaborado por Aroa, Tarikwa e Xela, alumnas de Alternativa durante o curso 2012-2013.
Esperamos que vos guste.

jueves, 27 de marzo de 2014

FOREST EXCURSION by Morgyn

As nenas e nenos do 2º Ciclo visitamos o monte de Barbudo,  onde o garda forestal Antonio nos guiou nun paseo moi interesante. Fomos testemuñas do devastador dano causado polo incendio que tivo lugar o ano pasado, e Antonio, con moita paciencia e gran sabedoría, compartiu con nós datos e cusiosidades sobre moitos aspectos do monte.
Xunto coas profes tamén nos acompañou  a nosa querida e entusiasta Morgyn ,  que gozou dunha xornada especialmente divertida. A ela lle debemos este vídeo.

miércoles, 19 de marzo de 2014

VISITA AO SALÓN DO LIBRO EN PONTEVEDRA

Foi unha mañá moi divertida, na que as nenas e nenos participamos nun obradoiro co escritor e ilustrador Anxo Fariña ademais de visitar a exposición.

martes, 25 de febrero de 2014

EXERCICIOS DE RAZOAMENTO LÓXICO

Nesta páxina atoparedes unha chea de actividades de Matemáticas nas que poñeredes a proba a vosa axilidade mental. Asegúrovos que o pasaredes moi ben facéndoas!!!







Vistas de página en total