Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.




"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden

jueves, 15 de mayo de 2014

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Aquí vos deixo este vídeo do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz. Gran traballo, homenaxe ao poeta que pon nome ao seu instituto, e ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.
A melodía é dunha coñecida canción, e a letra levaravos pola vida e obra do poeta.




"Esa lus"

Esa mirada era especial,
xa que nacera no rural
e da terra ó ceo todo tiña o seu misterio
o neno Pepe escribirá 

(est 1)
Esa lus, esa lus
se o poema é só un nimbo de lus
son fragmentos de min mesmo 
o herdo, o mundo que me deron
se o poema é só un nimbo de lus

(est 2) 
Esa lus, esa lus
se o poema é só un nimbo de lus
coma ventos fuxidos
por camiños esquencidos
se o poema é só un nimbo de lus

Más de once linguas que falou
pero unha soa que cantou,
á herba pequerrechiña e dende Parga á Pastoriza
Xose María escribirá

(est 1) 
(est 2)

Un paso adiante, un paso atrás
Galiza sempre nel está
ardendo nunha bágoa ou ferido pola beleza
Díaz Castro escribirá

(est 1) 
(est 2)

Vistas de página en total