Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.




"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden

martes, 25 de junio de 2013

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Xa rematou o curso.Algúns e algunhas xa tiñades moitas ganas, a que sí? Agora, a pasalo ben!!!
Piscina, praia, campo, xogos, campamentos, risas con amigas e amigos.

Estes son os ingredientes fundamentais das vacacións. Pero... ...podemos facer un repasiño do curso dun xeito lúdico (é dicir, pasándoo ben).

Axudade a facer a compra: preparade a lista,  no super fixádevos nos prezos, cal é máis caro, ou barato? Canto custará toda a compra que levades no cesto?
Axudades a pagar, e repasades o recibo para saber que todo está ben.
Adicade un tempiño á lectura. Por que non ides coller algún libro á Biblioteca de Ponte Caldelas, ou á de Pontevedra? 


E tamén vos animo a que comecedes a escribir un diario, nel podedes ir contando as vosas aventuras de vacacións, e acompañalo con algún dibuxo, foto, recorte, etc.

 

Se ides de viaxe no coche podedes xogar:  palabras encadeadas, adiviña en que penso (persoa, animal ou cousa), "calculadora humana", canto falta para chegar? (xogamos co tempo). E tamén, por que non? repasades a táboa de multiplicar!!!!

 Podedes visitar este blogue e entrar nas páxinas de actividades para repasar Lengua, Lingua, Matemáticas...

Feliz verán!!! Ata a volta!!!

jueves, 13 de junio de 2013

"The Life Tree" by ... 4th A and 4th B students






In the Bilingual Sections, during the 3rd term, our students have been painting the famous masterpiece "The life tree" by Klimt. They have not finisthed yet, and here you can see their works.

miércoles, 5 de junio de 2013

FOTOS DA EXCURSIÓN AO CASTRO DE SANTA TREGA

Aquí vos deixo as testemuñas do ben que o pasastes na viaxe a Santa Trega. Seguro que ha de ser un recordo que gardaredes durante toda a vosa vida.



Vistas de página en total