Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.




"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden

domingo, 2 de diciembre de 2012

O APARATO REPRODUTOR

O último dos aparatos que estudaremos nesta avaliación é o Aparato Reprodutor. O venres fixemos un "torbellino de ideas" e xurdiron moitas preguntas e curiosidades que tedes sobre este tema. A ver se despois de ver este vídeo atopades algunha  resposta.




http://aulascpes.files.wordpress.com/2008/08/rep1.jpg?w=566&h=348

O APARATO REPRODUTOR: Vídeo sobre os aparatos reprodutores masculino e feminino.

domingo, 11 de noviembre de 2012

UNHA CLASE PRÁCTICA

En clase de Coñecemento puidemos observar un órgano moi importante do aparato excretor: o ril.
A profe trouxo un ril de coello, outro de cordeiro e un de porco, este último é o máis semellante ao humano. Foi unha boa experiencia, aínda que a moitos nos daba un pouquiño de noxo. Aquí tedes a proba:


riles - presentacion imagenes

APARATO CIRULATORIO (en galego)

Seguimos estudando os aparatos do corpo, e desta tócanos o CIRCULATORIO. Veredes que é un poco máis complexo, pero seguro que o atoparedes moi moi interesante. 

lunes, 5 de noviembre de 2012

miércoles, 31 de octubre de 2012

CHEGOU O SAMAÍN


Hoxe celebrouse o Samaín en clase. Algúns nenos e nenas prepararon unha pequena obra de teatro sobre zombies, e representárona diante dos compañeiros e compañeiras.
 Foi un pouco precipitado, e déronse conta de que para que as cousas saian ben, hai que preparalas con tempo e esforzarse. De tódolos xeitos, como teñen uns compañeiros moi agradecidos recibiron aplausos dabondo. 
Despois bailaron e xogaron todos un pouco.
E para rematar, contaron historias de medo, de moooooooiiitoo medoooooo!!
A ver quen durme hoxe!!

 

lunes, 15 de octubre de 2012

O APARATO RESPIRATORIO (en galego)

Preme na imaxe e  atoparás unha actividade sobre o "Aparato respiratorio" en galego.


O SISTEMA RESPIRATORIO

Comezaremos a traballar o aparato respiratorio vendo este divertido vídeo de "Érase una vez..."
Esperamos que vos guste.


lunes, 8 de octubre de 2012

SECCIÓNS BILINGÜES: KANDINSKY

This year “Seccións Blingües” have been awarded to our school. This means that in second and fourth levels of Primary Eduacion Arts and Crafts subject will be conducted in English and Galician languages (50%).
            So, in addition to the strengthening the English language in the clasroom, students will learn vocabulary and specific expressions.
            During the first term we will work on Kandinsky, a Russian painter who seems to be very interesting for its treatment of colors and shapes. Later, we will continue working on Fall Colors.
            We have uploaded in the second cycle blog photographs showing the work of children in the fourth level; each student made his own interpretation of the picture “Squares and concentric circles”. You are about artists!!





SQUARES WITH CONCENTRIC CIRCLES



martes, 25 de septiembre de 2012

A DIXESTIÓN (en galego)

Entra nesta páxina e dalle ao botón "Previsualizar". Aí poderás aprender sobre a dixestión e respostar a unhas cantas preguntas. 

http://contenidos.proyectoagrega.es/ODE/gl/es-mu_2008111942_7960285


martes, 11 de septiembre de 2012

COMEZAMOS UN NOVO CURSO!!

Mañá verémonos de novo, nenas, nenos e profes. Teremos tempo de contar mil e unha historia das andanzas do verán, de retomar o contacto cos amigos e amigas de clase, de compartir xogos de patio, de coñecer novas caras e nomes. Ogallá sexa un día cheo de sorrisos e apertas. BENVIDOS AO VOSO COLEXIO!!!

jueves, 21 de junio de 2012

A FESTA DE PILI

Hoxe houbo unha festa para despedir á nosa querida Pili. Para o vindeiro curso cambia de colexio, e danos moita pena dicirlle adeus, por iso lle decimos:
ATA SEMPRE, PILI, QUERÉMOSTE MOITO. 

Tódolos compañeiros lle expresaron os seus sentimentos, e creemos que se sentiu moi querida, ela meréceo, xa que é estupenda e moi boa compañeira. Houbo comida, bebida, chuches, música, de todo.
Julián escribiu unha obra de teatro , e coa axuda dos compañeiros  fixeron unha representación fantástica. Convidamos aos nenos e nenas de 3º B a unirse á festa. Foi todo un ÉXITO.
Jacobo trouxo unha bica riquísima, xa que pronto estará de aniversario.
Aquí tedes unha reportaxe fotográfica feita por algúns reporteiros de clase. 
 


martes, 19 de junio de 2012

Hoxe fixemos unha saída ao río Verdugo. Acompañáronnos Pablo e David, expertos no río, cos que aprendemos moito sobre a fauna da ribeira. Foi unha excursión moi interesante e moi divertida. 

GRAZAS DAVID E PABLO!!!

Para o vindeiro curso contamos con vós para seguir coñecendo o noso río e a súa contorna.   




martes, 12 de junio de 2012

A DIXESTION

A RESPIRACION

4º CURSO: OBRADOIRO DE FROITAS E VERDURAS

     As nenas e nenos de 4º participamos nun obradoiro no que aprendemos moitas cousas sobre froitas e hortalizas. Aquí tedes unha pequena mostra :

     Que propiedades teñen...?

  • Os froitos secos son bos para o corazón e a mente.
  • As legumes favorecen a limpeza dos riles.
  • A cenoria é boa para a vista e para protexer a pel do sol.
  • Os tomates son bos pra o corazón, ao igual que as uvas brancas ou negras.
  • O apio é bo para os ósos.

    A que órganos do noso corpo se parecen ...?

  • A noz ao cerebro.
  • As fabas aos riles.
  • Os tomates a un corazon de namorados.
  • Un acio de uvas ao corazón de verdade.
  • O apio aos ósos.

      Por último, no comedor fixemos brochetas de froitas: amorodos, melón, piña e sandía. 

 E COMEMOS TODO O QUE QUIXEMOS!!!




PÁXINAS WEB SOBRE O CORPO HUMANO


XOGA E APRENDE SOBRE OS APARATOS DO CORPO HUMANO

AS FUNCIÓNS DO SER HUMANO (LIBRO LIM)
http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/edilim/tercer_ciclo/cmedio/las_funciones_vitales/la_funcion_de_relacion/la_funcion_de_relacion/la_funcion_de_relacion.html

A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN
http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/edilim/tercer_ciclo/cmedio/las_funciones_vitales/la_funcion_de_nutricion/la_nutricion/la_nutricion.html


http://ares.cnice.mec.es/ciengehi/b/00/animaciones/a_fb05_00.html
http://www2.gobiernodecanarias.org/educacion/17/WebC/eltanque/cuerpohumano/chumano_p.html
http://www.vedoque.com/juegos/el-cuerpo.swf?idioma=es
http://www.thatquiz.org/es-k-z5/ciencia/anatomia/
http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/zonaalumnos/tkPopUp?pgseed=1166732940408&idContent=8333&locale=es_ES&textOnly=false
LIBRO LIM
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~cepgr2gt1/intranet3/cono3/chumano/



martes, 5 de junio de 2012

RECIBIMOS CARTAS!!!

Cando as nenas e nenos do colexio de A Lama viñeron visitarnos, na competición de Deporte Escolar, tivemos a ocasión de coñecer a clase de 3º e máis o seu profesor Pipo.
Nós escribímoslles  e eles contestáronnos esta semana, enviándonos uns debuxos fantásticos e unhas cartas moi simpáticas. 
UN SAÚDO COMPAÑEIR@S!!!

THE SKELETON DANCE!!!

LET´S DANCE  THE SKELETON DANCE!!!!!

O ESQUELETO

Como estamos traballando o sistema locomotor, botádelle unha ollada a este vídeo a ver qué vos parece.

lunes, 28 de mayo de 2012

THE VERY HUNGRY CATERPILLAR

A semana pasada participamos no programa "A SEMANA DA FROITA", polo que as merendas das nenas e nenos da escola foron moi saudables, compostas principalmente por este alimento tan nutritivo e cheo de vitaminas.

Por este motivo unha amiga nosa, Heather, ofreceuse a vir ao colexio a contarlles as nenas e nenos de 1º e 3º un fantástico conto inglés; "The very hungry caterpillar". A protagonista deste conto, unha eiruga moi larpeira, énchese a comer froita ata se convertir nunha fermosa bolboreta. 

Animámosvos a que o leades, ás nenas e nenos que escoitaron a Heather gustoulles moito, e tamén lles axudou a repasar os días da semana e o nome dalgunhas froitas en inglés. 
THANK YOU SO MUCH, HEATHER!!!


BISCOITO DE IOGUR

Ingredientes:
5 ovos
1 iogur natural
2 medidas de azucre
4 medidas de fariña
1 medida de aceite
1 sobre de levadura

Preparación:

 Poñemos o forno a quentar a 180º-200º,

Botamos pouco a pouco os ingredientes nunha cunca. Batemos ata que non queden grumos.
Cando teñamos a mezcla lista botámola nun molde engrasado con manteiga ou un pouco de aceite.
Metémola no forno. Cando vexamos que vai subindo pinchamos cunha agulla, se sae limpa o biscoito estará preparado para probar.


Quentamos o forno a 180º-200º
Imos botando os ovos nunha cunca
Dúas medidas de azucre 
Un iogur natural



Unha de aceite

Catro de fariña e un sobre de levadura
Batemos con forza
Agora, metémola no forno



QUE RICO ESTABA!!!!




jueves, 24 de mayo de 2012

SEMANA DA FROITA



Estamos coa "SEMANA DA FROITA". Sabemos que é unha gran fonte de vitaminas, e que nos axuda a previr enfermidades. 
Hoxe, na clase, coa axuda dun pequeno forno fixemos mazás asadas.
Estaban boísimas. Non todas as nenas e nenos as probaron, pero algúns que sí o fixeron, REPETIRON.


miércoles, 16 de mayo de 2012

Actividades sobre VALENTÍN PAZ ANDRADE

Este ano o autor Valentín Paz Andrade é homenaxeado no día das Letras Galegas. Se facedes clic na imaxe podedes facer actividades para coñecer a súa vida e obra. Queremos agradecer a publicación deste Lim ao:

CEIP de Práct. da E.U. de Form. do Prof. de E.X.B..

TEST SOBRE OS SENTIDOS

Se entrades aquí poderedes facer unha proba sobre o que sabedes dos sentidos.

jueves, 10 de mayo de 2012

A VISIT FROM ETHIOPIA

A semana pasada contamos cunha visita sorpresa, algúen que estaba a pasar uns días de vacacións por estas terras. Esa visita foi Gelila, amiga dos pais de Tarikwa, quen se achegou á clase de 3ºA para falarnos, e contarnos historias que nos trouxo dende un fermoso país de África: Etiopía. Gelila é química e adícase ao estudo e investigación con plantas mediciñais. Estivemos facéndolle moitas preguntas sobre o seu país, e pediunos que lle fixeramos o xogo de mans etíope do festival de Nadal. Falamos de animais, plantas, xogos, comidas, etc. e claro, todo en inglés, porque Gelila soamente falaba nese idioma, bueno, e tamén en amariña, que é a lingua oficial de Etiopía. Aquí podedes entrar na páxina do Centro de Investigación no que traballa Gelila. E se queredes coñecer Etiopía, entrade aquí.

miércoles, 2 de mayo de 2012

lunes, 9 de abril de 2012

AS MEDIDAS

Imos comezar a traballar as medidas: o peso, a capacidade, a lonxitude e o tempo.
Aquí tedes unha ligazón na que atoparedes explicacións e divertidas actividades.


COMEZAREMOS POLO TEMPO

http://conteni2.educarex.es/mats/11372/contenido/index2.html


martes, 13 de marzo de 2012

A Historia de Ponte Caldelas.

Achegámonos a Historia dende o que temos máis perto de nós: a nosa vila, Ponte Caldelas. Se lle botades unha ollada a estas fotos, veredes como foron cambiando algúns edificios, as rúas, os coches ... Recoñecedes os lugares?

(Video subido a photobucket por Humberto Martínez Gargamala, profesor de Ciencias Sociais no IES de Ponte Caldelas)


iv>

martes, 28 de febrero de 2012

LENGUA

 Xogos moi divertidos para traballar contidos de LINGUA ESPAÑOLA.

Ortografía, lecto-escritura, vocabulario, etc. Aquí atoparás un montón de actividades de LENGUA:

http://juegoseducativosonline.blogspot.com/search/label/LENGUA%202%C2%BA%20Ciclo

Frases feitas

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~cepco3/fondolector/lecturas3/fraseshechas.htm

MATEMÁTICAS: Actividades on line

Entra nestas páxinas e repasa o que estamos traballando en Matemáticas (3º)

Líneas curvas, rectas y ángulos
http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/TERCERO/datos/03_mates/U11/unidad11.htm

Objetos y formas geométricas
http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/TERCERO/datos/03_mates/U12/unidad12.htm

 Triángulos y cuadriláteros
http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/TERCERO/datos/03_mates/U13/unidad13.htm

Círculo y circunferencia
http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/TERCERO/datos/03_mates/U14/unidad14.htm

domingo, 19 de febrero de 2012

PREGUNTAS INTERESANTES

Xela, de 3º A, fixo unha interesantísima pregunta relacionada coas árbores.
Se as follas son as que fabrican os alimentos, como se alimentan as árbores de folla caduca nos meses de inverno?
Alguén sabería que responderlle?

viernes, 17 de febrero de 2012

FELIZ ENTROIDO!!

Hoxe comezamos as vacacións do Entroido. Temos cinco días para descansar, xogar, estar coa familia...
Non esquezades de facer as tarefas que levades da escola.
Esperamos que Hugo esteña de novo con nós o xoves, despois dunha semana enfermiño.

Ata a volta!

Vistas de página en total